ARQUIVO MUNICIPAL DE BETANZOS (Fondo Alvajar)

Delegación do
Consello de Galiza

Casa de
Galicia en París

Goberno Republicano
Español no Exilio

Agrupación
"A la Tercera República
"

"Fondo de Ayuda a los Republicanos Españoles" FARE

Acción Republicana
D
emocrática
Española ARDE

Movemento Europeo

"Unión Federalista de las
Comunidades Étnicas
Europeas" UFCE

César e Xavier Alvajar

Hemeroteca

Galería

Investigación

Fondo de Ayuda a los Republicanos Españoles (FARE)

CORRESPONDENCIA
algún documento pode estar sometido a copyright
 
1958-11-20, circular do Presidente do Comité Executivo de FARE, Dr. Boix, solicitando ós seus membros unha axuda económico para os vellos republicanos, moitos mutilados de guerra, que se atopaban en situación precaria diante das próximas festas de fin de ano.
1964-12, circular do Presidente do Comité Executivo de FARE, Francisco Xavier Alvajar, solicitando ós seus membros unha axuda económico para os vellos republicanos, moitos mutilados de guerra, que se atopaban en situación precaria diante das próximas festas de fin de ano.
1965-08-16a, carta de "J. Alvajar" a José María Armengol, adxuntando proxectos de circulares que FARE debe enviar  ós presidentes das distintas agrupacións de ARDE e ós "amigos" en xeral.
1965-08-16b, carta de "J. Alvajar" a ... (?), adxuntando proxectos de circulares que FARE debe enviar...
1965-09, circular de FARE, presidido por Francisco Javier Alvajar, solicitando axuda para os republicanos españois.
 1965-11-15a, carta de "F. Xavier Alvajar" a Nicanor Fernández, comunicándolle que acaba de enviarlle unha serie de circulares de FARE por encargo de José Maldonado, facendo un chamamento en favor dos vellos e enfermos republicanos.
1965-11-15b, carta de "F. Xavier Alvajar" a Francisco Giral, Presidente de ARDE en México, comunicándolle que acaba de enviarlle unha serie de circulares de FARE  en favor dos vellos e enfermos republicanos.
1965-11-15c, carta de "F. Xavier Alvajar" a Baldomero Janeiro, Secretario de ARDE en Caracas, comunicándolle que acaba de enviarlle unha serie de circulares de FARE  en favor dos vellos e enfermos republicanos. Advírteo de que "Solidaridad Republicana", presidida polo Sr. Subirá (disidente con outros de ARDE), non está autorizado para este tipo de labores por ter actividades políticas.
1965-11-16, carta de Antonio Moya a "F. Xavier Alvajar", comunicándolle o envío de ARDE de 50 francos para os cometidos de FARE.
1965-11-17, carta de Baldomero B. Janeiro López, "Secretario General" de ARDE en Caracas, a "J. Alvajar",acusando recibo de circulares de FARE...
1965-11-18, carta manuscrita de Fernando Valera a  Francisco Javier Alvajar, acusando recibo das circulares de FARE e poñendo en dúbida que os republicanos teñan medios económicos para atender á vez a FARE, o partido (ARDE), ó Goberno Republicano Español no Exilio, ó periódico... e a eles mesmos. Por contra solicita axuda para o republicano Juan Martínez Roca que vive en Burdeos.
1965-11-25, circular de "Xavier Alvajar", Presidente de FARE, rendendo contas e solicitando axuda para os vellos republicanos exiliados.
1965-11, circular de "F. Javier ALVAJAR", Presidente de FARE, solicitando axuda para os vellos republicanos exiliados.
1965-12-16, carta de Antonio Moya a "F. Xavier Alvajar", comunicando el envío de 50 francos...
1966-09-19, carta da "Comisión Ejecutiva Nacional" de ARDE a Francisco Xavier Alvajar, adxuntando un proxecto de carta de FARE, revisando o que previamente lle enviara Alvajar.
1966-10-01, circular do "Comité Ejecutivo" de FARE, presidido por "F. Javier Alvajar" (París), relatando a miseria de moitos dos vellos republicanos españois no exilio e solicitando axuda para eles.
1966-10-06, circular do "Comité Ejecutivo" de FARE, presidido por "F. Javier Alvajar", a Manuel Noguera (Bogotá, Colombia), adxuntando una serie de circulares de FARE para que as envíe ós republicanos españois que considere oportuno.
sd [1966], carta manuscrita de Rosario García Chamorro [presidenta de ARDE en Burdeos] a [F. Javier Alvajar] (París), contándolle o seu mal estado de saúde.
1967-11- 22a, carta de F. Javier Alvajar (París) a Rosario García Chamorro, presidenta de ARDE en Burdeos, agradecéndolle a súa colaboración e desexándolle que recupere a saúde: "Hay que resistir"
1967-11-22b, carta de [F. Javier Alvajar] (París) a José María de Armengol (Nanterre), adxuntando carta de Rosario García Chamorro.
1967-11, circular do "Comité Ejecutivo" de FARE, presidido por Francisco Javier Alvajar (París), solicitando axuda para os vellos republicanos españois no exilio.
sd, "Boletín de adhesión" a FARE.
sd, borradores varios.