Arquivo | Banda | O Campo | Os Caneiros | Feiras-Mercados | Festas | O Globo | Política |
Ribeiras | Rúas | Vistas | O Pasatempo | ||||
ARQUIVO MUNICIPAL DE BETANZOS O Campo (Pza. Irmáns García Naveira) |
|||||||
Torre de Santo Domingo cos soportais ó fondo e "La Central
hospedaje" (construída en 1901), que logo se chamaría
"Hotel Comercio"
(como outro do inicio da Rúa Nova), en primeiro plano. Esta
foto pode datarse na primeira ou segunda década do s. XX. |
Foto de Ruth Matilda Ánderson (1926), fotógrafa e antropóloga
norteamericana de viaxe por Galicia entre 1924 e 1926, enviada pola Hispanic Society of América . Ó fondo o "Hotel Comercio" onde a autora estivo. Vemos tamén a entrada do Teatro e Cine Alfonsetti con anuncios de funcións e a porta da igrexa de Santo Domingo. Pola rampa subían os carros de cabalos. En primeiro plano unha vendedora de froita... |
Foto de Ruth Matilda Ánderson (1926). «O dono do Hotel
Comercio e a súa familia xantando»
(Torres: 2003). |
O «Hotel Comercio» na «Plaza de García Naveira». Programa
de Festas de S. Roque de 1923
(Torres: 2003). |
||||
Fotografía probablemente de Francisco Javier Martínez Santiso, datada arredor de 1890. Aquí vemos os Soportais do Campo (antiga Rúa dos Ferradores) aínda sen a casa dos irmáns García Naveira, que se empezou a construír nos últimos anos dese século. |
A que se chamou desde 1897 «Plaza de Arines» e hoxe
Praza dos Irmáns García Naveira (antigo Campo da Feira), arredor de 1905. Ó fondo vemos a casa de D. Eduardo González García, esposo de dona María Águeda García Iribarne, sobre a que se construiría a popularmente «Casa de Doña Águeda». Foto: Ferrer (Alberto Erias: 2007). |
As augadoras na Fonte de Diana nos anos 20 do s. XX. Ó fondo,
os Soportais e a "Casa de Doña Águeda". |
Soportais, "Casa de Doña Águeda" e igrexa de Santo
Domingo nos anos 20-30 do s. XX.
|
||||
O Campo ("Plaza García Hermanos") arredor de 1930. | "Casa de Doña Águeda" (do arquitecto Ricardo Boán y Callejas) en construción arredor de 1914. Xentileza de don José Couto e don Jaime Lafora (Alberto Erias: 2007). |
"Casa de Doña Águeda" que sería derrubada na década de
1970... Fotos de Gabín (década de 1960?). |
|||||
Villa Mª Agueda | |||||||
A "Casa de Doña Águeda" na década de 1960, tomada dun folleto turístico. | Soportais e "Casa de Doña Águeda" entre as décadas de 1930 e 1960. |
D. Eduardo González, Dª Águeda e os seus fillos no xardín
posterior da "Casa de Doña Águeda" (1929) cos bustos dos
emperdores romanos que se trouxeron do Pasatempo cando este entrou en
decadencia. Xentileza de D. Jaime Lafora (Alberto Erias: 2007). |
|||||
O Campo (daquela "Plaza de Arines") arredor de 1905. Foto: Ferrer. |
Betanzos nevado desde o xardín que estaba diante do Edificio
Arquivo (Liceo) na década de 1950. Fotos: Germán Muíño. |
O Campo ("Plaza García Hermanos") arredor de 1905. Foto: Ferrer. | |||||
Vista desde o adro de Santo Domingo arredor de 1900. Foto de Francisco Javier Martínez Santiso. |
A Porta da Vila antes do ensanche de 1905. Foto de Francisco Javier Martínez Santiso. |
O Campo arredor de 1905. Foto: Ferrer. | |||||